ATLANTIC MOZART FLUTE QUARTETS

MOZART Á GALEGA 

Grabación da Integral dos Cuartetos para Frauta e trío de cordas de W. A. Mozart con temas tradicionais galegos.

Cando Mozart viaxaba por centro Europa sorprendendo a propios e estranos, en Galicia o mar xa batía contra os cantís de Cabo Vilán, os monxes do Mosteiro de Samos xa cantaban Gregoriano, nas lonxas o peixe era vendido a gritos, a Compostela chegaban cada día centos de almas que buscaban a paz e o perdón.

Este disco será publicado (outono de 2021) por Edicións Xerais de Galicia dentro de un libro para ne@s escrito por Fina Casalderrey sobre unha evocadora visita de W.A. Mozart a Galicia, con ilustracións de Xosé Covas. ” O XENIO DA CIDADE DO SAL”

A grabación foi feita na Igrexa de San Pedro Fiz de Hospital (O Incio

Interpretado cunha Frauta de madeira de finais do século XIX.

Frauta Travesa Buffet. circa. 1895