Intérpretes

Integral dos Cuartetos para Frauta e trío de cordas.

Luis SotoFrauta Travesa.

Nace en Guláns Ponteareas, e comeza a tocar unha flauta feita polo seu pai cun tubo de plástico con tan só 8 anos. Na súa formación interveu mestres da talla de Antonio Arias en Madrid, Pierre Dumail e Hubert de Villele en París e J.C.Gerard e Aurele Nicolet en Alemaña. Gañou o primeiro premio do concurso Pierre Nerini e o segundo premio no Lucien Wumser, en París. Ofreceu centos de concertos en todo o mundo así como gravacións para radio, televisión e cds e impartíu cursos de formación e perfeccionamento a mozos de todas as idades. Xunto co guitarrista Carles Trepat grava a integral de Joaquín Rodrigo para o selo EMI Clasic e, xunto a Diego García (piano) impulsa o proxecto Galicia XXI no que interpretan o repertorio galego para ambos instrumentos. Ademais, é membro fundador do TAC: Taller Atlántico Contemporáneo, ensemble de referencia da música contemporánea en Galicia.  

Luis Soto é profesor na Real Filharmonía de Galicia dende a súa fundación.

David García: Violín

Nacido en  Escarabote (Galicia), comeza os seus estudos musicais aos 8 anos de idade no Conservatorio Profesional `Felipe Paz Carbajal´en Noia (A Coruña)  co  profesor Adolfo Carreira Pol, onde realiza os estudos de Grao  Elemental  e  Grao Medio.

Continúa a súa formación académica no Conservatorio Superior de Música de Vigo, coa profesora Laura Quintillán  Nuñez e á súa vez asiste como alumno activo durante catro anos na Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela, co profesor  Nicolay  Velikov. Durante esta formación, asiste a senllas clases maxistrais con diferentes mestres como Daniel  Hope,  Benjamin  Schmid,  Hansheinz  Schneeberger, Mariana  Todorova,  Sergei  Teshlia,  Kolja  Lessing, Pedro Gandía e Anxo Sampedro.

Nikolai Velikov: Violín

Dende moi novo foi educado musicalmente nun ambiente familiar para ingresar na esco- la de música da súa cidade natal, Sliven, aos seis anos. Foi galardoado tres veces no Con- curso Nacional Búlgaro de Intérpretes No- vos.
Máis tarde ingresou no Instituto Nacional de Música Lyubomir Pipkov de Sofía, comple- tando os seus estudos no Conservatorio Su- perior “Pancho Vladiguerov”, cos recoñecidos educadores de violín V. Choparinov, B. Danai- lov e A. Ilchev.
Obtivo o título superior en violín e música de cámara, seguindo os estudios na Academia

Santa Chiara de Trento, co profesor Stefano Pagliani.
Comezou a súa carreira profesional na Orquestra de Cámara de Sofía como concertista, realizando numerosos concertos no seu país e xiras por Alemaña, Holanda, Francia. Complementa esta actividade coa interpreta- ción de gran parte do repertorio solista e de cámara para o seu instru- mento.
Como músico aberto a outros estilos como o jazz e a música tradicional, adoita formar parte de varios grupos como; R. Somoza Quintet, o grupo “Radio Cos”, Orquesta Voland … actuando con todos eles concertos e gra- vacións de CD e DVD que foron moi satisfactoriamente recoñecidas pola crítica especializada.
N. Velikov desenvolve unha intensa actividade pedagóxica como
Profesor de violín na Escola de Estudos Musicais de Galicia dende 1998.

Ioana Ciobotaru: Viola

Nace en Râmnicu Vâlcea, Rumanía. Gradúase en viola na Universidade de Música de Bucarest e é becaria na Scuola dei Alto Perfezionamiento Musicale de Saluzzo en Italia, onde completa a súa formación co profesor Alfonso Ghedin da Academia Nazionale di Santa Cecilia en Roma. Foi membro da Fiori Rari Orchesta de Suiza e da Filharmónica George Enescu de Bucarest. Traballou en Xapón con formacións camerísticas e en Brasil coa Orquestra Estatal de Sao Paulo.

Dende 2001 é viola da Real Filharmonía de Galicia e membro activo do Taller Atlántico Contemporáneo.

Millán Abeledo: Violoncello

Nacido na localidade pontevedresa de Silleda, comeza os seus estudos de violonchelo coas profesoras Tatiana Cucerenco e Vera Kolar no Conservatorio de Lalín. Continúa a súa formación superior no Conservatorio Superior de Música de Aragón con A. L. Quintana e B. Switalska, galardoado con Matrícula de Honra no seu recital final de carreira. 

En 2011 pasa a formar parte dea cátedra de Violonchelo da Escola Superior de Música Raíña Sofía, baixo as directrices de Natalia Shakhovskaya, recibindo as máis altas cualificacións. Desde 2013 continúa a súa especialización na clase do profesor Troels Svane na Musikhochschule Lübeck (Alemaña). Recibiu leccións maxistrais de mestres como A. Polo, A. Noras, X. Gagnepain, F. Rados, G. Pichler, H. Müller, H. Schiff ou F. Helmerson, entre outros.

En 2001 recibe o primeiro premio do Concurso Nacional de Violonchelo, organizado pola Asociación de Violonchelistas de España. En agosto de 2011 recibe o premio ao mellor Becario “Andrés Segovia-José Miguel Ruíz Morales” en Música en Compostela. En xuño deste ano obtén o primeiro premio do Concurso Internacional Santa Cecilia en Oporto, incluíndo unha xira de concertos por Portugal e Francia, ademais da gravación dun CD para KNS Classical.